Ourol acolle o programa Coidados porta a porta a finais de mes

AMariñaXa
O Concello de Ourol acolle o programa Coidados porta a porta, a través da Consellería de Política Social da Xunta de Galicia e Silman 97.
explotacion belesar estado pista vilalba aberta
explotacion belesar estado pista vilalba aberta
21 Maio 2023

O Concello de Ourol acolle o programa Coidados porta a porta, un programa gratuito que ofrece diversos servizos ás persoas maiores, en unidades móbiles que percorrerán diferentes concellos do medio rural das 4 provincias galegas.

As datas previstas para a estancia son o 22, 23 e 24 de maio na area de autocaravanas. Para participar haberá que pedir cita no teléfono 622 748 283 ou ou no e-mail: coidadosportaaporta.politicasocial@xunta.gal.

Os servizos, que se prestarán, preferentemente baixo cita previa, ás persoas que se acheguen, serán os de audioloxía, consistente en revisión e valoración auditiva, o de podoloxía para a prevención, diagnóstico e tratamento das principais patoloxías dos pés como a eliminación de durezas, control de uñas; e o de prevención do alzhéimer e outras demencias neurodexenerativas que consiste na realización de probas de valoración cognitiva, exercicios e fichas de estimulación cognitiva, actividades de estimulación funcional e envellecemento activo, prevención da soidade non desexada e promoción da autonomía persoal.

As unidades móbiles dipoñen de acceso para persoas con mobilidade reducida xa que conta con plataforma elevadora.

porta a porta ourol 2023
0.18767189979553