Ourol abre o prazo de solicitude das súas axudas para libros de texto e material escolar

AMariñaXa
As axudas están dirixidas a alumnado matriculado en segundo ciclo de educación infantil, primaria, secundaria obrigatoria ou educación especial
libros
2 sep 2024

O Concello de Ourol mantén aberto o prazo de solicitude das súas axudas para libros de texto e material escolar para alumnado matriculado en segundo ciclo de educación infantil, primaria, secundaria obrigatoria ou educación especial. Para ter dereito precisan estar matriculados meses cursos e que todos os membros fa familia se encontren empadroados no municipio cunha antigüidade mínima de 3 meses.

Estar ao corrente no cumprimento das obriga coa Axencia Tributoria, co Concello e coa Seguridade Social e que a renda per cápita da unidade familiar non supere os 10.000 euros. O prazo remata o 18 de setembro e a documentación entregarase en Servizos Sociais.

Concretamente precisa, o DNI do solicitante e dos membros, libro de familia, declaración da renda do 2023, certificado da conta bancaria, de matricula e de estar ao corrente das obrigas tributarias. A solicitude encóntrase na sede electrónica do Concello de Ourol.

0.14917612075806