Óscar Rosende e a súa banda Great Straits presentan o seu próximo espectáculo en Xove

AMariñaXa
Tocarán o 28 de decembro ás 22.30 horas nunha homenaxe á mítica banda Dire Straits
xove-Concerto-Great-Straits
15 Dec 2024

O músico coruñés Óscar Rosende estivo na Delegación Territorial do Goberno galego para presentar o seu concerto xunto co delegado territorial, Javier Arias, e o alcalde de Xove, Demetrio Salgueiro. O cantante e a súa banda Great Straits tocarán o 28 de decembro no pavillón de deportes de Xove con entrada gratuíta ás 22.30 horas. O concerto está promovido polo Concello co apoio da Xunta.

O grupo levará á Mariña o espectáculo The great songs of Dire Straits, no que renden homenaxe á mítica banda británica intepretando os seus grandes éxitos. A banda recalará en Xove no medio dunha xira na que teñen anunciados para o vindeiro ano grandes concertos con entradas xa á venda en cidades como Pamplona, Lisboa, Vigo, Ourense, A Coruña, Madrid, Barcelona ou Bilbao.

Con máis de 300 concertos ás súas costas por cidades de toda España e a nivel internacional en Alemania, Luxemburgo, Francia ou Portugal, Rosende gañou unha reputación irrefutable como un dos máis valorados intérpretes da obra de Dire Straits.

0.13435983657837