Os Xoves na Biblio das Pontes volven mañá con Iseo A Moura

AMariñaXa
A Biblioteca das Pontes continuará mañá, 7 de abril, coa súa programación dedicada aos máis pequenos dentro do programa Xoves na Biblio.
III slalom ruta da auga guitiriz2
6 Apr 2022

A Biblioteca das Pontes continuará mañá, 7 de abril, coa súa programación dedicada aos máis pequenos dentro do programa Xoves na Biblio.

Así, está prevista un espectáculo de Iseo A Moura co título Se as árbores falaran, que terá lugar a partir das 18.00 horas na Casa do Peso.

Trátase dunha actividade gratuíta para nenos a partir de 3 anos. Haberá que inscribirse previamente na biblioteca de forma presencial ou chamando ao 981 102 562.

Un incendio arrasa con todo o verde no monte! Con todo? Non! por sorte a fraga onde vive Flora, unha nena de nove anos e medio, resistiu. E ela vai averiguar por que a fraga conseguíu sobrevivir ao lume e o resto do monte non.

As árbores serán quen llo expliquen coas súas cancións e tamén as que lle ensinen de que xeito pode axudar a recuperarse a terra queimada.

0.17377185821533