Os viveirenses Shirley e Cubi Fernández competirán no mundial de eco rallys

AMariñaXa
A parella deportiva participa na FIA Bridgestone EcoRally Cup 2025 con Hyundai Kona eléctrico
FIA-Bridgestone-EcoRally-Cup-2025-Viveiro
26 Mar 2025

A Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia patrocina aos viveirenses Shirley Fernández Bellas e Antonio "Cubi" Fernández Basanta na súa participación no campionato mundial de eco rallys, a FIA Bridgestone EcoRally Cup 2025. A competición, reservada a vehículos eléctricos e híbridos, arrancou hai unhas semanas en Castellón.

Este martes, a piloto e o seu copiloto presentaron en Viveiro o Hyundai Kona co que afrontarán unha tempada con máis dunha decena de probas en distintos países, como Bélxica, Suíza, China ou Italia. Esta fin de semana competirán en Oeiras (Portugal), mentres que en setembro a carreira regresará a España cunha proba na Coruña.

Os eco rallys desenvólvense en estradas abertas ao tráfico, seguindo as normas de circulación. Ademais da velocidade, tamén se avalían factores como a eficiencia enerxética e os modos de condución.

⚙ Configurar cookies
0.58127284049988