Os veciños uníronse á celebración do Burela Pescados Rubén FSF, que percorreu as rúas da vila nun tren turístico

AMariñaXa
Os veciños uníronse á celebración do Burela Pescados Rubén FSF, que percorreu as rúas da vila nun tren turístico
280623 Foto acto homenaxe Burela FSF
29 Xuño 2023

Recoñecemento do Concello e da veciñanza ao Burela Pescados Rubén FSF polos logros conseguidos durante a presente tempada na que se proclamaron campioas de Liga, da Copa Deputación, da Copa da Raíña e da Supercopa de España.

Ducias de veciñas e veciños quixeron unirse á celebración na que participou o Burela Pescados Rubén FSF, que percorreu as rúas da vila nun tren turístico.

A alcaldesa, Carmela López, amosou “o agradecemento e o orgullo dun equipo de mulleres pioneiras na loita pola igualdade. Pido recoñecemento e valor a organismos, administracións e medios de comunicación”.

A rexedora lembrou todos os triunfos acadados por esta xeración de xogadoras “xa que conseguiron que o equipo fose considerado o mellor do mundo e por deixar tan alto o nome de Burela en todas as competicións nas que participaron ao longo de todos estes anos. A promoción que isto supón para o noso pobo é moi importante”.

0.081348896026611