Os veciños e veciñas do Vicedo gozarán este sábado da proxección da película 'As bestas' de Sorogoyen

AMariñaXa
Este sábado 14 de outubro o salón de actos da Casa da Cultura do Vicedo acolle a proxección da película As bestas de Sorogoyen, cinta inspirada nun tráxico suceso en Santoalla.
PELICULA AS BESTAS
PELICULA AS BESTAS
14 Out 2023

Este sábado 14 de outubro o salón de actos da Casa da Cultura do Vicedo acolle a proxección da película As bestas de Sorogoyen, cinta inspirada nun tráxico suceso en Santoalla.

A produción foi premiada con 9 premios Goya na edición deste ano 2023, ademais de moitos outros galardóns como o César á mellor película estranxeira, en Francia.

Os veciños poderán gozar da película en gran calidade, pois instalarase no salón de actos unha pantalla xigante e son especial para asistir a unha verdadeira proxección de cine. A actividade está organizada polo Concello e ten un prezo de 3 euros.

OVicedo 14outubro cineindoor bestas
0.18475079536438