Os veciños de Sumoas, en Xove, presentan as súas festas

AMariñaXa
Presentan o cartel das festas patronais da parroquia de Sumoas, en Xove, na honra a San Antonio.
Presentación-Festas-Sumoas
1 Aug 2024

Presentan o cartel das festas patronais da parroquia de Sumoas, en Xove, na honra a San Antonio.  A romaría vai ter lugar un ano máis esta fin de semana para o goce de veciños e asistentes que se queiran achegar á zona. O programa comeza este venres 2 de agosto ás 20.30 cunha gran churrascada popular. Pola noite, os asistentes poderán gozar da verbena co grupo Tania Veiras e o Dúo Epok, que serán os encargados de poñer o toque musical a esta primeira xornada.

A celebración continúa o sábado a partir das 13.00 horas con misa, seguida de procesión e sesión vermú co Grupo Los Adrianos. A formación tamén se encargará de amenizar a festa á noite, acompañada cos cantantes Laura Añón e Ángel Sevilla e Pedro Brmudz Dj. A cita rematará este domingo xa con sesión vermú ao mediodía da man de José Manuel.

0.16161179542542