Os veciños de Órrea celebrarán un xantar e unha ruta o 15 de setembro

TerraChaXa | AMariñaXa
Para amenizar esta velada cóntase coa actuación do grupo Erikas e Peluxías
roteiro-regos-e-fontes-orrea
7 sep 2024

A Asociación de Veciños de Santa Comba da Órrea celebrará este domingo 15 de setembro unha ruta polos regos e fontes da localidade. Partirase do campo da Eirexa ás 10.30 horas.

A maiores haberá unha comida veciñal no campo da festa a partir das 14.00 horas, con carpa incluída.

Para amenizar esta velada cóntase coa actuación do grupo Erikas e Peluxías, ademais dunda serie de xogos populares e tradicionais.

Tanto o xantar como a ruta son actividades independentes e pode participar en calquera delas por separado.

Os interesados en participar no xantar poden mercar os tíckets na taberna de Montse ata o xoves día 10 a un prezo de 25 euros, sendo de 17 euros para os menores de 10 anos.

O menú consistirá en ensaladilla, empanadillas e croquetas, ademais de tenreira guisada con patacas, tarta de Santiago, viño tinto, auga, gaseosa e café.

0.19578504562378