Os veciños de Canedo, en Lourenzá, celebrarán a festa na honra da Nosa Señora da O

AMariñaXa
Os veciños de Canedo, en Lourenzá, festexarán os próximos días 19, 20 e 21 de maio a súa festa relixiosa en honra a Nosa Señora da O,
Festas Canedo Lourenza 2023
Festas Canedo Lourenza 2023
17 abr 2023

Os veciños de Canedo, no municipio de Lourenzá, festexarán os próximos días 19, 20 e 21 de maio a súa festa relixiosa en honra a Nosa Señora da O, coa celebración dos tradicionais actos litúrxicos en honra á Santa, unha polbada e churrascada e grandes verbenas amenizadas por orquestras.

Na xornada do venres 19 de maio, os veciños de Canedo comezarán os festexos a partir das 21.00 horas, dunha polbada e churrascada e unha gran verbena amenizada polas orquestras Marbella e Beatriz, e rematará con DJ Billy.

O sábado 20 celebrarase, no horario de costume, a misa solemne seguida de procesión. A continuación, os presentes poderán gozar coa sesión vermú a cargo da orquestra Miramar, quen tamñen amenizará a festa pola noite xunto con Fania Blanco.

O domingo 21, a última xornada, a misa solemne con procesión celebraranse en horario habitual e a continuación, dará inicio a sesión vermú co grupo Fania Blanco..

Festas Canedo Lourenza 2023