Os veciños da Regueira organizan a súa sexta comida anual

AMariñaXa
O prezo da comida é de 40 euros e as tarxetas para participar neste encontro veciñal poden adquirirse xa
concello-de-Ribadeo-vista-2
concello-de-Ribadeo-vista-2
10 Xul 2024

O 26 de xullo terá lugar a sexta comida anual dos veciños da Regueira, en Ribadeo. Os residentes e aquelas persoas que nalgún momento viviron nas rúas Deputación e San Lázaro, na zona ribadense coñecida popularmente como A Regueira, están organizando a cita, que terá lugar no restaurante Voar ás 14.30 horas.

O prezo da comida é de 40 euros e as tarxetas para participar neste encontro veciñal poden adquirirse na tenda de Sargadelos, de Ribadeo, que está situada na rúa Reinante, ata o 23 de xullo. As persoas interesadas en obter máis información poden dirixirse a Mª Carmen Pillado (600 277 791), Paco Roibás (639 136 601) e Manolo Álvarez (649 979 036).

0.18605995178223