Os Troitas Bravas dominaron ao Aberto das Freces de Pastoriza

LugoXa | TerraChaXa | AMariñaXa
A próxima sesión será en Begonte o domingo 22 deste mes de marzo
aberto-das-freces-troitas-bravas
17 Mar 2026

No campo da festa de Bretoña disputouse o pasado sábado 14 a 8ª xornada da Liga Namáis ucional de Billarda da Conferencia NorLeste, baixo a choiva e co campo enlamado; mais co espíritu indomable da multicolor serpe da LNB, que sacou adiante o aberto e desfrutou das agardadas freces con que os anfitrións agasallan a tódolos participantes e seareiros presentes.

No deportivo subliñar os irredutibles Troitas Bravas, que se fixeron donos absolutos do aberto. Podio monocolor con Noé, Navallo e Juanki no máis alto. Primeiro posto para Alba en donas, secundada por Vanesa e Aroa, e primeiro e segundo en infantís (Mateo e Antía), Mateo de Madia Leva coouse no terceiro posto.

En equipos, acompañaron aos Troitas Bravas, o equipo de arabullo e os Billardeiros Musicais.
A mais disto, acadouse un varado e como non podía ser doutro xeito, tamén foi obra do Troita Mago de Castropol, David Navallo.

A próxima sesión será en Begonte o domingo 22 deste mes de marzo.

0.1205940246582