Os títeres chegan este sábado a Burela

AMariñaXa
Xa está aquí unha nova Edición do Circuito de Teatro Profesional da Deputación de Lugo e a colaboración do Concello de Burela.
Mircromina Teatro de Títeres
16 Nov 2022

Xa está aquí unha nova Edición do Circuito de Teatro Profesional da Deputación de Lugo e a colaboración do Concello de Burela.

A entrada será de balde, para  público familiar, o acto será no Auditorio da Casa da Cultura de Burela , o vindeiro sábado, 19 de novembro ás 18 horas.

Nesta ocasión será teatro de títeres de luva, varilla, fíos e ritmos percutidos en directo da man de Mircromina teatro e o seu espectáculo 43º Latitude Norte.

Un espectáculo no que o Camiñante descubre o loubican Raio no medio do monte e convírtense en compañeiros inseparables. Máis adiante atópase con Antolín o bailarín e conforman o dúo tradicional con máis ritmo da historia. E cando por fin logra o seu lugar, disposto a sentala cabeza, choca de fronte co Propietario, revivindo a historia máis vella do mundo.


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.18322396278381