Os taxis de Burela farán promoción turística do municipio e do comercio local
AMariñaXa
Taxis de Burela farán promoción turística do municipio e do comercio local, segundo deu a coñecer o concelleiro de Turismo, Ramiro Fernández.
28 Abr 2023
Taxis de Burela farán promoción turística do municipio e do comercio local, segundo deu a coñecer o concelleiro de Turismo, Ramiro Fernández Rey.
O edil burelés explicou que “desde o Concello de Burela vimos de chegar a un acordo cos taxistas do pobo para facer promoción turística e do comercio local. Cada un no seu taxi vai levar dous vinilos: un publicitando o turismo de Burela e outro animando a comprar no comercio local”.
Para Ramiro Fernández “é un grandísimo soporte para poder promocionarnos e eles están contentos tamén por facerse partícipes da promoción do pobo”.
O concelleiro de Turismo subliñou que “é unha aposta por promocionar tanto turisticamente como comercialmente Burela por parte do equipo de goberno”.