Os socialistas reclaman á Xunta que entregue a explanada portuaria a Foz

Foz
AMariñaXa
Lara Méndez e Fran Cajoto demandan o desbloqueo deste terreos que xa non teñen uso portuario
Lara-Méndez-Fran-Cajoto-Foz-111124-02
11 Nov 2024

A viceportavoz do Grupo Socialista, Lara Méndez, reclamoulle hoxe á Xunta que desbloquee a desafección dos terreos do Porto de Foz que xa non teñen uso portuario. A responsable socialista mantivo un encontro co alcalde da localidade, Fran Cajoto, a quen lle presentou a iniciativa que presentará na Comisión de Pesca.

A responsable socialista explicou que Portos de Galicia está a recibir cada ano ata 120.000 euros de taxas que ten que pagar o concello por un terreo que xa non ten uso relacionado con eles pero que si que necesitan para a depuradora, a nave do Clube Kayak, as instalacións de obras ou o parque de seguridade viaria. Esta explanada é na que cada ano teñen lugar as festas patronais, a Festa Normanda, o Entroido ou o mercado semanal dos martes.

Ningunha destas actividades teñen relación con Portos, que sen embargo mantén a titularidade duns terreos polos que cobran cando nin sequera asumen o custe do seu mantemento, que ten que pagar tamén o concello.

Méndez lembra que o goberno galego asinou un acordo coa Fegamp en setembro de 2021 para resolver a situación, que pasaría pola desafectación dos terreos, que volverían á titularidade do Estado, o seu propietario orixinal, para que este puidera cedelos a continuación ás administracións locais.  Portos de Galicia marcou o 15 de outubro de 2021 como data límite para que os concellos presentaran as solicitudes, e o Concello de Foz fixo os trámites que lle pediron.

Porén, máis de dous anos e medio despois Portos de Galicia continúa sen facer a súa parte, polo que os socialistas galegos reclámanlle que cumpran co acordo, revertan os terreos e ademais lle entreguen ao Concello o importe das taxas portuarias que tivo que pagar a partir daquel 15 de outubro.

A POSTURA DE FRAN CAJOTO

O alcalde de Foz, o socialista Fran Cajoto, lembrou que o concello leva “anos” reclamando que a explanada portuaria “volva aos veciños, que son os seus lexítimos propietarios”. Reclamoulle aO goberno galego que cumpra co acordo asinado coa Fegamp en 2021 e que leven á reversión dos terreos á Comisión Mixta de Transferencias, para desbloquear o proceso que levan adiando dous anos e medio.

 

0.16530609130859