Os socialistas de Xove trasladan que a Deputación investirá en mellorar estradas
O PSOE de Xove traslada que estes dias sae a publicación as inversións previstas pola Deputación nas estradas de Xove. "Hai que lembrar que levan 20 anos abandonadas e nun estado lamentable, pero por fin e gracias as xestións do partido Socialista de Xove empezamos a ver resultados, solo ver que para o ano 2025 o Goberno do Sr. Tomé, presidente da Deputación ten previsto investir na LUP 2601 de Xove a Portiño de Moras (cruce Villalpol a Moras) 119.250 euros e na LUP2604 de Xove a Penas agudas 214.000 euros un total para o Concello de Xove de 333.250 euros".
Os socialistas de Xove fan fincapé en que as súas xestións e traslado do estado desas estradas ao presidente da Deputación, "comezan a ver o resultado".
"E unha das primeiras actuacións, dende fai tempo, na que estamos traballando para que no que resta de lexislatura poder implantar un plan de actuación completo nas estradas de Xove xa que somos conscientes do mal estado en que están. E un compromiso do partido Socialista de Xove cos veciños/as e que estamos traballando para que a vila teña unas estradas do século XXI", comentan os socialistas.