Os socialistas de Xove critican a falta de mellora ambiental no litoral

AMariñaXa
Aseguran que no litoral costeiro de Xove “nada se fixo en materia de mellora ambiental e nada se fixo en materia de saneamento”
praia-de-Esteiro
praia-de-Esteiro
9 Xul 2024

O Grupo Socialista de Xove congratúlase pola bandeira azul que o Goberno local izou na praia de Esteiro pois trátase dun sinal de identidade tanto paisaxística como medioambientalmente, que axuda a achegar turistas e a asegurar a calidade para que os veciños tamén se acerquen. Porén, pregúntanse o motivo polo que a praia de Portocelo e tamén a de Moras e Lago non poden ter este distintivo, cuestión que trasladarán no vindeiro pleno.

Esta pregunta enlaza coas propostas feitas en plenos anteriores, xa que aseguran que no litoral costeiro de Xove “nada se fixo en materia de mellora ambiental e nada se fixo en materia de saneamento”. O que máis lles preocupa é que o alcalde “aposta polos pozos negros e rexeita de pleno dotar esas zonas (Esteiro, Portocelo, Lago) dunha rede de saneamento coas correspondentes depuradoras”.

Tamén se preguntan para onde os van a baleirar, xa que “non se trata de baleirar senón de depurar”. Dende os socialistas consideran “totalmente negativo apostar por unha política de contaminación en zonas que se están desenvolvendo turísticamente, xa que aínda que moi lento estanse construíndo vivendas de tipo residencial que non contan con rede de saneamento”.

0.18417501449585