Os socialistas celebran o éxito do Mercado de Primavera do Valadouro

AMariñaXa
O sábado 25 de marzo o Concello de Valadouro acolleu, como é tradición, o seu XVII Mercado Tradicional Anual de Primavera
mercado primavera valadouro foto psoe
mercado primavera valadouro foto psoe
27 Mar 2023

O secretario xeral dos socialistas na provincia, José Tomé Roca, acompañado polo alcalde e candidato socialista ás eleccións municipais, Edmundo Maseda,  xunto ao senador César Mogo entre outros cargos orgánicos e institucionais do partido no concello e na comarca mariñana, participou este sábado no Mercado Tradicional de Primavera, unha cita que congregou a centos de persoas na súa 17ª edición.

José Tomé felicitou ao rexedor polo “novo éxito de convocatoria” desta feira que organiza o Concello, froito do “bo traballo” do goberno municipal con Edmundo Maseda á fronte e da implicación dos colectivos e dos veciños e veciñas do municipio. Unha iniciativa “que repercute na actividade económica da hostalería e do comercio durante estes días, que contribúe de maneira moi importante á promoción do concello, o que se traduce no impulso do turismo”, e que é “un exemplo do labor constante” que desenvolve o Alcalde e o seu equipo para dinamizar social e economicamente o concello.

0.19462203979492