Os Sendeiros de Foz preparan un roteiro ata o banco de Cornería

Foz
AMariñaXa
A asociación Os Sendeiros de Foz organiza unha nova ruta polo propio Concello focego no que descubrirán o banco de Cornería
sendeiros de foz
sendeiros de foz
24 Xul 2022

A asociación Os Sendeiros de Foz organiza unha nova ruta polo propio Concello focego no que descubrirán o banco de Cornería recentemente colocado polo equipo de Goberno.

Esta saída será o sábado 30 ás 9.00 horas dende a capela do Carme en San Martiño.

As persoas interesadas poden anotarse nos teléfonos 606 718 482 e 670 369 017 ou en ossendeiros@yahoo.es. Os prezos son 4 euros para os socios non federados e gratis para os federados.

A organización recomenda levar equipo de sendeirismo e informa que a ruta ten un nivel de dificultade medio. O Concello de Foz colabora na organización desta actividade.

0.16737508773804