Os Sendeiros de Foz preparan un novo roteiro
AMariñaXa
A asociación Os Sendeiros de Foz continúa coa organización de roteiros e o domingo 13 realizarán unha nova polo mirador de augas caídas
7 Jun 2021
A asociación Os Sendeiros de Foz continúa coa organización de roteiros e o domingo 13 de xuño realizarán a súa polo mirador de augas caídas de Mañón, de dificultade media.
A saída está prevista para as 8.30 horas e ás 8.45 dende Ferreira, os desprazamentos faranse en coche coa intención de levar algo para xantar. O punto de inicio será diante de Cenor, en Foz.
Os socios non federados deberán pagar tres euros e os socios temporais, catro, sendo gratuíta para os socios federados.
A organización recomenda levar equipo de sendeirismo e máscara. As persoas interesadas en participar poden anotarse ata o día 11 nos teléfonos 606 718 482 ou 670 369 017 ou mesmo no correo ossendeiros@yahoo.es.