Os Sendeiros de Foz organizan unha ruta a favor da Senda do Navia

Foz
AMariñaXa

O club de montañismo dos Sendeiros de Foz organizan unha ruta a favor da Senda do Navia.

sendeiros_de_foz
sendeiros_de_foz
15 abr 2024

O club de montañismo dos Sendeiros de Foz organizan unha ruta a favor da Senda do Navia. A marcha será o vindeiro 27 de abril con saída ás 07.30 horas no Cenor Belianorte de Foz e ás 7.45 en Ferreira.

A actividade ten un custo de 40 euros para o socio federado, de 45 para o socio non federado e de 50 para o socio temporal. Inclúe o xantar. Os interesados xa poden anotarse ata o vindeiro 19 de abril nos teléfonos 606 718 482 ou no 670 369 017 ou no correo ossendeiros@yahoo.es

Con esta actividade conmemoran o Día Rexional do Sendeirismo. Trátase dunha ruta de dificultade media polo que recomendan levar equipo de sendeirismo.