Os Produtores Pesqueiros do Porto de Burela organizan unha xornada sobre innovación na pesca

AMariñaXa
A Organización de Produtores Pesqueiros do Porto de Burela organizou unha nova xornada sobre innovación e tecnoloxía na pesca
xornada-Produtores-Pesqueiros-do-Porto-de-Burela
xornada-Produtores-Pesqueiros-do-Porto-de-Burela
11 Xul 2024

A Organización de Produtores Pesqueiros do Porto de Burela organizou unha nova xornada sobre innovación e tecnoloxía na pesca, que tivo lugar no salón de actos de ABSA, no porto de Burela, e na que estivo representada máis da metade da frota local. Durante toda a mañá tratáronse os principais retos en innovación e modernización do sector pesqueiro, como a observación electrónica a bordo, medidas de mitigación ou comunicacións satelitales e intelixencia artificial na contorna pesqueira.

A xornada abriuse coa intervención do director xeral de Pesca e Innovación Tecnolóxica da Xunta Galicia, Antonio Basanta, que analizou os principais retos da pesca galega relacionados co desenvolvemento tecnolóxico, a revisión da política pesqueira común e a substitución xeracional. Tamén anunciou as súas previsións en canto ás axudas á modernización da frota, que arrincan con atraso respecto a anos anteriores con motivo do novo fondo do FEMPA. A súa previsión é que saian publicadas nos próximos días de xullo e que presentarán en cinco liñas de actuación, cun mellor aproveitamento dos fondos para todo o sector pesqueiro galego.

A continuación, Jorge Pérez Bouzada, director comercial de Marine Instruments, falou sobre “A observación electrónica a bordo como modelo de xestión pesqueira integrada”, dentro dunha “viaxe de innovación” xunto ao sector pesqueiro. Presentou exemplos da tecnoloxía xa dispoñible, con mellor conectividade e integrados en software de xestión pesqueira. Explicou o sistema de monitorización a bordo, así como as vantaxes competitivas da observación electrónica para a recollida de datos e defensa dos argumentos sectoriais, cunha tecnoloxía xa madura e as ferramentas en mellora da conectividade a bordo.

O conselleiro do Mar da Xunta de Galicia, Alfonso Villares, encargouse de clausúraa da xornada, en agradeceuna ao sector pesqueiro local o seu labor e presentou á OPP Porto de Burela como exemplo de boas prácticas e de respecto ao mar, destacando o seu defensa pola pesca sostible e lembrando a súa recente experiencia conxunta en Luxemburgo durante a defensa do palangre demersal ante o veto da Comisión EU á pesca de fondo.

O conselleiro do Mar asegurou que este tipo de xornadas é o mellor exemplo para afrontar os retos da Galicia pesqueira, onde todos xuntos deben traballar para poñer en valor a actividade e a achega da proteína máis sa que existe.  Na súa intervención, o titular de Mar destacou que se está traballando en iniciativas que melloren a hixiene, a saúde e as condicións de traballo a bordo; que aumenten o valor engadido, a economía circular e a seguridade alimentaria; que limiten o impacto da pesca e reduzan os efectos do cambio climático; e que aumenten a eficiencia enerxética e reduzan as emisións de CO2.

0.14954113960266