Os nenos do CEIP San Miguel de Reinante crearon un folleto turístico
AMariñaXa
Os nenos de primeiro e segundo de Primaria do CEIP San Miguel de Reinante fixeron unha gran iniciativa que fomentará a valorización do territorio.
29 May 2021
Os nenos de primeiro e segundo de Primaria do CEIP San Miguel de Reinante fixeron unha gran iniciativa que, de seguro, fomentará a valorización do territorio.
Esta consistiu en elaborar un folleto turístico elaborado do seu puño e letra e incluindo un pequeno resumo xeográfico e demográfico, un listado das praias, roteiros e miradoiros , gastronomía, e algúns dos atractivos turísticos da contorna. Estes folletos están dispoñibles na Oficina de Turismo.
Ademais elaboraron un fermoso vídeo con imaxes do Concelllo.