Os motores volven ruxir na XI Subida á Pontenova
Como xa vén sendo tradición na Pontenova, na primeira fin de semana de xullo volverán ruxir os motores e cheirar a gasolina. A Escudería A Pontenova, grupo organizador da Subida A Pontenova, presentou o cartel da celebración para a súa onceava proba.
Esta cita será os vindeiros 6 e 7 de xullo e é unha proba deportiva que puntúa para o Campionato Galego de Montaña. A proba de motor está centralizada na localidade de Pontenova que lle dá nome e o tramo de subida sempre está localizado na estrada LU-4803, entre os puntos quilométricos 0.45 e 5.25, con 4,8 quilómetros de lonxitude.
A praza dos Fornos acollerá como todos os anos o parque de custodia, no que se concentrarán os vehículos para realizar as verificacións técnicas e administrativas previas á carreira, que se disputará en catro mangas cronometradas. Dúas na tarde do sábado e outros dúas o domingo pola mañá. A Federación Galega de Automobilismo destaca que é “unha das carreiras con mellor trazado e seguridade de todo o certame”.