Os máis cativos de Cervo gozaron dun novo xoves de Brincos de Lecer

AMariñaXa
O Concello de Cervo continúa promovendo unha serie de obradoiros de lecer dirixidos ás crianzas de Educación Infantil.
brincos_de_lecer_cervo
12 Apr 2024

O Concello de Cervo continúa promovendo unha serie de obradoiros de lecer dirixidos ás crianzas de Educación Infantil. Deste xeito, os máis pequenos do municipio desfrutaron dun novo xoves de Brincos de Lecer, na Casa da Cultura.

As manualidades foron as protagonistas desta proposta que o Concello organiza cada martes e xoves, en horario de 17.00 a 18.00 horas. Ademais, a Casa da Cultura tamén acolle, cada dous sábados, distintos obradoiros temáticos dirixidos ao alumnado de primaria.

0.1618959903717