Os libros que lograron recoller clubs mariñáns e ourensáns chegan a Paiporta

AMariñaXa | OurenseXa
Colaboraron nunha campaña de recollida de libros e proximamente realizarase un segundo envío
170125-Foto-material-enviado-a-Paiporta
17 Jan 2025

Clubs da Mariña, como Iberia C.F, de San Miguel, e Celtas de Foz, colaboraron na campaña solidaria de recollida de libros que chega a Paiporta. Coordinada por BXL Celanova, contou con clubs ourensáns como o CB Allariz e AB Xinzo e trasladan que foi un éxito.

Os exemplares recollidos foron enviados ao Concello de Paiporta, grazas á mediación que fixo o Concello de Celanova con Correos, para tramitar o transporte. En próximas datas realizarase un segundo envío en material co importe do recadado coa venta do Fotopoema solidario.

 

 

0.16400218009949