Os envíos solidarios desde a Mariña chegan ao destino Valencia

AMariñaXa
O Concello de Mondoñedo, Xove, Cervo e a Asociación Cívico Cultural Bispo Santo de Foz inician unha recollida de xoguetes para os afectados pola DINA
BURELA-11-NOV-Axuda-Valencia
11 Nov 2024

O Concello de Burela envia un tráiler co material doado polos veciños e veciñas para as zonas afectadas pola DINA en Valencia. Os veciños responderon á chamada da solidariedade e doaron auga, alimentos non perecedoiros, mascarillas, buzos, botas, colchóns, e material de hixiene e limpeza.

O tráiler chegará ao municipio de Massanassa e desde alí repartirase o material entre as persoas afectadas. O concello, en coordinación coa Asociación de Semana Santa, o Fondo Laranxa, ACIA e aquelas entidades que traballaron para a recollida de materiais para Valencia, envía este trailer.

“Nestes momentos de dor e preocupación, nós que nos sentimos moi de preto do sufrimento das persoas afectadas, quero destacar e agradecer o sentimento de solidariedade e xenerosidade dos nosos veciños e veciñas”, asegura a alcaldesa de Burela, Carmela López.

O concello agradece a colaboración de ABSA, A Tenda do Roxo, Transportes Paraíso, Muebles Toxeiro, Talleres Vizoso, Asociación de Semana Santa, o Fondo Laranxa, ACIA, Protección Civil, persoal municipal, e de todos os veciños e veciñas que colaboraron coa recollida.

DESDE A MARIÑA E XA EN VALENCIA

Cara Valencia partía o camión de Juan Rivas, cargado con 2.600 quilogramos de solidariedade, para cubrir as necesidades dos afectados pola DINA. Chegou con éxito a destino, tras a iniciativa do Concello de Mondoñedo, Xove, Cervo e a Asociación Cívico Cultural Bispo Santo de Foz.

Dende o Concello de Xove, o Alcalde, Demetrio Salgueiro, e a Concelleira de Servizos Sociais, Tamara Soto, queren agradecer a todas as persoas da vila, aos traballadores de Alcoa (que fixeron unha recollida a través do Comité de Empresa), a súa resposta e implicación, á chamada de solidariedade feita este luns dende o concello; e que fixeron posible encher este camión con todo tipo de produtos, alimentos, auga, enseres de limpeza...para axudar coa catástrofe de Valencia.

En Mondoñedo, o alcalde Manuel Otero fíxolle entrega á Juan Rivas, camioneiro mindoniense, do material de axuda recollido. Na carga que envía Mondoñedo van incluídos, gracias á xestión do Alcalde de Mondoñedo, os produtos recollidos nos Concellos de Xove, Cervo e da Asociación Bispo Santo de Foz. Toda ela constitúe unha carga de 34 palets que enchen completamente o remolque deste trailer.

O Concello de Mondoñedo, Xove, Cervo e a Asociación Cívico Cultural Bispo Santo de Foz queren anunciar que este envío non queda aí só, xa que se pon en marcha unha nova iniciativa para a recollida de xoguetes para “ningún neno de Valencia quede sen xoguetes” nestas datas tan sinaladas que se achegan. O envío deste material sairá de Mondoñedo, da man de Juan Rivas, o vindeiro día 15 de decembro e tamén de forma totalmente gratuíta.

0.14393520355225