Os Correcamiños de Foz celebrán a XVII Rota Montes da Mariña

Foz
AMariñaXa
Os Correcamiños de Foz preparan a XVII Rota Montes da Mariña para os vindeiros 28, 29 e 30 de outubro polos montes
XVII rota montes marina correcaminos FOZ 2022
15 Out 2022

Os Correcamiños de Foz preparan a XVII Rota Montes da Mariña para os vindeiros 28, 29 e 30 de outubro. Será unha ruta para o desfrute dos amantes dos todoterreo, dos quads e das motos.

Comezará ás 17.00 horas do venres 28 coa recepción dos participantes, verificación de documentacións e entrega de dorsais. Posteriormente briefing de benvida con unha pinchada e proxeción do vídeo da rota.

Xa o sábado ás 9.00 será a rota turística polos montes da Mariña, duns 100 kms e con múltiples especiais de diferente dificultade. Tamén haberá café de campaña, un xantar ao medio día no punto medio da ruta, e pola noite a cea de grupo con produtos da zona.

A xornada do domingo comezará ás 10.00 horas co circuíto Os Correcamiños 4x4, que consta de probas de habilidade e velocidade en circuíto privado e que terá importantes premios. Máis tarde será o xantar de despedida e a entrega de trofeos

Para calqueira información que se precise, os interesados poden chamar ao 696 564 539 ou ao 616 909 300.

0.13819098472595