Os Correcamiños 4X4 de Foz traballan nunha nova edición da súa ruta

Foz
AMariñaXa
O venres 1 será a recepción de participantes, verificación de documentacións e entrega de dorsais
Os-Correcamiños-4x4-Foz quad monte
12 Out 2024

Os Correcamiños 4X4 de Foz están a preparar unha nova edición da Rota Montes da Mariña. A cita será os días 1, 2 e 3 de novembro  e participarán coches 4x4, motos, quads, ATV e UTV. O venres 1 será a recepción de participantes, verificación de documentacións e entrega de dorsais, así como a presentación do briefing de benvida con unha pinchada e proxección do vídeo da ruta.

O sábado 2 programan unha ruta turística Montes da Mariña, que comprenden uns 100 quilómetros de ruta con múltiples especiais de diferente dificultade. Todas as especiais vixiadas pola organización  e alternativa segura. Nesta xornada, haberá café de campaña, comida para os participantes e cea de grupo no pavillón de deportes. O domingo é a quenda das probas de habilidade no circuíto Os Correcamiños 4x4, ademais de que terá lugar a comida de despedida e a entrega de premios.

Os participantes inscritos serán os máximos responsables dos seus vehículos, deixando constancia de que tanto como o condutor coma o vehículo teñen todo en regra. A organización verase no seu dereito de excluír da proba a todos aqueles que non cumpran esta obriga.  Aqueles inscritos que por causa xustificada causen baixa antes do 28 de outubro devolveráselles  o 100 % da inscrición.

O prezo das comidas para acompañantes non inscritos será de 25 euros por comida) sendo necesario comunicalo con anterioridade á organización engadíndoo no apartado de comentarios. Os interesados poden anotarse a través dun formulario na web.

correcamiños rota
0.14779305458069