Os consorcios de bombeiros presentan unha oferta aos sindicatos cunha equiparación salarial

RibeiraSacraXa | TerraChaXa | LugoXa | SarriaXa | AMariñaXa
Os consorcios provinciais contraincendios e de salvamento mantiveron unha reunión na que se lles presentou aos sindicatos dos bombeiros comarcais unha nova proposta coa intención de chegar a un acordo e que se desconvoque a folga dos últimos meses.
bombeiros de lugo
5 Dec 2023

Os consorcios provinciais contraincendios e de salvamento mantiveron unha reunión na que se lles presentou aos sindicatos dos bombeiros comarcais unha nova proposta coa intención de chegar a un acordo e que se desconvoque a folga dos últimos meses.

No encontro, ao que asistiron representantes da Xunta, das catro deputacións provinciais e dos sindicatos, os consorcios trasladáronlle unha oferta que supón unha mellora considerable das súas condicións coa equiparación salarial nas catro provinciais e un incremento do salario en arredor do 10%. Ademais, contempla unha redución da xornada a 1.642 horas anuais, o aumento de efectivos nos 24 parques comarcais da comunidade e a concesión de dúas xornadas de 24 horas para asuntos particulares que equivalen a seis días de asuntos propios.

Os representantes sindicais comprometéronse a estudar a proposta e ambas partes acordaron manter esta vía de diálogo con novas reunións en próximas datas coa finalidade de pechar un acordo.


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.1849889755249