Os clubs ciclistas de Barreiros e Castrillón organizan o XXIX Irmandamento cicloturista o sábado 13

AMariñaXa
Barreiros acollerá mañá sábado 13 de maio un irmandamento cicloturista que chega a súa vixesimo novena edición.
volta lugo master ciclismo
5 Maio 2023

O Club ciclista Barreiros e o Grupo Cicloturista de Castrillón organizan o XXIX Irmandamento cicloturista o vindeiro sábado 13 de maio.

A saída está preparada ás 7.00 horas do Café Bar Moderno de Barreiros e farán un percorrido de 138 quilómetros ata chegar a Castrillón.

Os que queiran apoiar aos participantes poderán facelo en autocar desde Barreiros ás 9.00 horas por un prezo de 15 euros por persoa.

Acto seguido haberá un xantar de confraternización entre os participantes, e tamén farase unha parada en Pravia con guía e tour por Castrillón.

Para máis información haberá que chamar ao teléfono 615 092 115 e a inscrición é gratuita.

cicloturista irmandamento barreiros
0.14685487747192