Os centros sociais de Covas e Chavín acollerán os Obradoiros de Memoria

AMariñaXa
O Concello de Viveiro pon en marcha os Obradoiros de Memoria nos centros sociais de Covas e Chavín para todos os veciños e veciñas da vila.
memoria pensar cabeza
memoria pensar cabeza
22 mar 2023

O Concello de Viveiro pon en marcha os Obradoiros de Memoria nos centros sociais de Covas e Chavín para todos os veciños e veciñas da vila. A actividade, que se oferta a través da Consellería de Benestar Social, é totalmente gratuíta.

O obxectivo destes Obradoiros de Memoria é atender ás necesidades que xorden nos diferentes centros sociais e parroquias, conformando así o programa de actividades do concello dirixidas ás persoas maiores.

“Dende o Concello de Viveiro  impulsamos estes obradoiros para atender ás necesidades das persoas maiores, reforzando o envellecemento activo e a prevención do deterioro cognitivo”, asegura a alcaldesa de Viveiro, María Loureiro.

Os Obradoiros de Memoria desenvolveranse no Centro Social de Covas os martes e xoves de 18.00 a 19.30 horas, e no Centro Social de Chavín os mércores e venres de 17.00 a 18.30 horas.

Os interesados en inscribirse poden facelo directamente nos centros dentro do propio horario da actividade.

CARTEL OBRADOIROS MEMORIA 2023