Os Billardeiros Musicais de Ribadeo adiantan ás Troitas Bravas no XII Aberto do Ferro da Pontenova

TerraChaXa | LugoXa | AMariñaXa
Os Troitas Bravas Billarda acadaron o seu primeiro título Nacional e Marcos Rodriguez Rodriguez, Markytos foi o campión de varados
Billarda Abeerto Pontenova 2023 Troitas Bravas A Pontenova
25 Out 2023

Por Daniel Rodríguez Saavedra.

A mañá estaba fría, ameazando choiva, máis respectou a xornada billardeira no campo das minas onde nos xuntamos 83 palanadores (53 homes, 21 donas e 9 cativos) para disputar o XII aberto do Ferro e levarse o premio da navalla.

A billarda segue a medrar e o novos valores veñen puxando forte, máis quedou vén claro que os vellos rockeiros nunca morren.

Un dos pioneiros neste apaixoante xogo presentouse no campo para dar una nova lección de entusiasmo e bo facer acadando o máis alto do podio con 24 puntos: Xermán Viluba, alma e corazón billardeiro.

Outro dos de sempre, o tricampión nacional Markytos, acompañouno no podio como terceiro, logo de que fora superado nun emocionante desempate por a xuventude de Gundar, que deu un toque xuvenil ao podio colándose entre os dous veteráns mestres.

Moi reñido estivo o podio por equipos, se na derradeira xornada os Billardeiros Musicais superaron por dous puntos aos Troitas Bravas, nesta ocasión foi ao revés sendo a diferencia entre eles de so un punto. No terceiro chanzo repite Madia Leva que este ano vai por todas e xa supera en dez puntos aos Carabullo.

Na categoría de donas, Cris ven reclamando un merecido posto entre as mellores, e foi terceira tan só superada por Geni e Aroa que dominaron con autoridade a xornada.

En canto a cativos, o dúo Diego e Mateu siguen na súa loita particular e non dan oportunidade, só Roi puido achegarse a eles para ocupar o terceiro posto.

A herba artificial non foi terreo amigo para moitos palanadores que soen puntuar máis alto e tampouco se fixo ningún Varado.

Compañeiros do equipo anfitrión fixeron entrega dos trofeos e agasallos os gañadores da xornada. A navalla foi para Xermán que gozou dun momento histórico co seu triunfo.

A seguinte xornada será en Lugo 12 de novembro.

Clasificación

Individual:  

Cortón (Billarda do Rio Miño) 47 p.

Gundar (Madia Leva) 44 p.

Charli (Carabullo) 43 p.

Donas:

Geni (Billardeiros Musicais) 32 p.

Dori (Billardeiros Musicais) 26 p.

Cris (Castiñeiro Milenario) 23 p.

Equipos:

Billardeiros Musicais (Ribadeo)           163 p.

Troitas Bravas (A Pontenova        162 p.

Madia Leva (Lugo)           153 p.

Infantís:

Diego (Madia Leva)  40 p.

Mateu (Madia Leva)  25 p.

Alba (Troitas Bravas) 14 p..

Billarda Abeerto Pontenova 2023 Billardeiros Musicais  Ribadeo
0.10794687271118