Os biciclistas galegos celebraron o fin do verán nos montes mindonienses

TerraChaXa | AMariñaXa
O  pasado sábado 23 de xuño celebrouse en Mondoñedo a I Xuntanza polos Montes Mindonienses organizada pola da Asociación cicloturista Biciclistas Galegos.
27 Xuño 2019

O  pasado sábado 23 de xuño celebrouse en Mondoñedo a I Xuntanza polos Montes Mindonienses organizada pola da Asociación cicloturista Biciclistas Galegos. Medio centenar de seguidores da bicicleta de montaña chegados de distintos puntos de Galicia, realizaron un recorrido pola zona para rematar cunha cea na praza da catedral mindoniense.
Foi a primeira edición desta actividade que dá a benvida ao verán e que forma parte do programa anual de actividades da asociación ciclista e de orientación. Neste último eido, un dos membros máis novos conseguiu a segunda posición na categoría M15, na proba do campionato galego de orientación en bicicleta de montaña celebrado en Begonte esta fin de semana onde tamén se acadaron un quinto e un segundo nas categorías M21.

0.19719099998474