Os Baños de Mar volven a Ribadeo

AMariñaXa
Ribadeo presentou o proxecto SetembroXNatural que ten como obxectivo desestacionalizar o turismo e favorecelo en setembro
banos de mar ribadeo 2023
14 sep 2023

A fin de semana do 23 e 24 de setembro celebrarase a xornada Baños de Mar, dentro do programa SetembroXNatural do Concello de Ribadeo.

Así, o mar como fonte de saúde e de vida e xerador de recursos será o piar fundamental de conferencias e visitas guiadas.

Tratarase sobre o poder curativo das augas e o uso que delas se facía na vila pois en Ribadeo coa chegada de setembro, o pobo enchíase de mulleres que viaxaban a esta localidade para tomar os famosos Baños de Mar, e recuperarse dos duros traballos da aldea.

Comezará o 23 ás 11.30 horas na casa da cultura coa conferencia "Hidroterapia, talasoterapia e culto asociado ás augas na cultura galega" a cargo de Rafa Quintía, e máis tarde haberá un baño colectivo no Cargadoiro.

O 24 será a visita guiada @Canouras, pioneiras do turismo”, a cargo de Noemi Díaz Orol informadora turística de Turismo de Ribadeo, despois o baño colectivo no Cargadoiro acompañado dun xantar campestre.

Ás 15.00 horas Os Monifates farán bailes, música e monicreques nun formato distinto e orixinal, seguido dun espectáculo de narración oral para público familiar, un de circo, e un concerto de Mediarea.

 

banos de mar ribadeo 2023
0.17933416366577