Os alcaldes da Fonsagrada, Foz e Guitiriz sumaranse ao novo goberno provincial
Outras das caras novas será a de Miguel Fernández, número dous na lista por Lugo. Desaparecen, entre outros, a concelleira de Lugo Ana González Abelleira e María Loureiro, alcaldesa en funcións de Viveiro.
O Secretario Xeral do Partido Socialista na provincia de Lugo, José Tomé Roca, presidiu a Comisión Executiva Socialista que se reuniu para elaborar a proposta de candidatos e candidatas a deputados provinciais. Unha proposta que saíu adiante por unanimidade.
A relación de candidatos e candidatas elevouse á Comisión Provincial de Listas para a súa remisión á Comisión Federal, que deberá ratificalas. Así mesmo, tamén será comunicada á Executiva Galega do Partido Socialista.
José Tomé Roca asegurou que se trata dun equipo solvente que servirá para seguir “traballando e defendendo os intereses dos veciños e veciñas dos 67 concellos da provincia dende a Deputación de Lugo, apostando por políticas progresistas que melloren o seu día a día”.
Ademais, o Secretario Xera do PSdeG na provincia de Lugo asegurou que son persoas preparadas con diferentes perfís, tanto pola súa idade como pola súa traxectoria vital, o que de seguro, afirmou, se traducirá “nun moi bo traballo como deputados e deputadas provinciais”.
OS DEPUTADOS
Partido Xudicial de Chantada
Titular
- María del Pilar García Porto
Suplente
- Roi Rigueira Agromartín
- Ana María Corredoira Vázquez
Partido Xudicial da Fonsagrada
Titular
- Carlos López López
Suplente
- Roberto Fernández Rico
Partido Xudicial de Lugo
Titulares
- Miguel Fernández Méndez
- Pablo Rivera Capón
- José María Arias Fernández
- Iván Castro Díaz
Suplentes
- Sonia Fernández Pérez
- Francisco Otero Besteiro
- Ana María González Abelleira
- José Jaime González del Río
Partido Xudicial de Lemos
Titular
- José Tomé Roca
Suplentes
- Begoña Vázquez Sánchez
Partido Xudicial de Mondoñedo
Titulares
- Mayra García Bermúdez
- Francisco Cajoto Caserío
Suplentes
- María del Carmen López Moreno
- José Luis Pajón Camba
Partido Xudicial de Vilalba
Titulares
- María Sol Morandeira Morandeira
Suplentes
- Daniel Irimia Yáñez