O Concello de Ribadeo planifica a inversión a realizar para o 2025

AMariñaXa
O alcalde, Dani Vega, destaca que, máis aló dos orzamentos, planifican unha inversión de 950 mil euros
211224-Foto-alcalde-Ribadeo
23 Dec 2024

O Concello de Ribadeo aproba o orzamento para o vindeiro ano, que supera os 13 millóns de euros, e planifica a inversión a realizar no 2025.  O alcalde, Dani Vega, contou que “máis aló dos orzamentos, tamén planificamos inversión cunha achega de 950 mil euros. Por qué queremos ter esta planificación orzamentaria? Porque en moitas ocasións os convenios son do 100 % da Xunta de Galicia, pero outras veces non é así, e temos que poñer nos unha porcentaxe por parte do Concello”.

O rexedor relatou que “por exemplo, na mellora das rúas que vai ter Ribadeo, que imos solicitar as subvencións a través do Plan Urbe da Xunta de Galicia, a administración galega aporta o 70 e nós temos que aportar o 30. Para ter garantía, para ter esa planificación orzamentaria, para ter seguridade tamén de que o Concello pode aportar, aprobamos partidas concretas para mellora de rúas”.

Menciona as rúas onde a situación está bastante complexa e deben investir. Fala da rúa da Paz, a rúa  San Francisco, a rúa Reinante, a rúa Vilalba, Barrio da Torre, Suso Peña, Alza San Lázaro ou tamén a Avenida de Galicia arranxos puntuais que ven que están nunha situación bastante complexa. Para todas estas rúas teñen que ter unha porcentaxe municipal e iso xa o teñen garantido con preto de 300.000 euros que aportará o Concello.

Vega explicou que “se imos decidir tamén investir en Rinlo, preto de 100.000 euros, para poñer porcentaxes porque o restante vai poñelo a Xunta de Galicia. Os Plans Urbe a Xunta subvenciona o 70 e o Concello aporta o 30 %. Isto que nos parece unha responsabilidade económica, que nos dá unha tranquilidade orzamentaria, desde un punto de vista de intervención dos técnicos do Concello, foi o que se nos recomendou e nós, como goberno, evidentemente decidimos tela planificación orzamentaria non só para o 2025, sino tamén para o 2026 e 2027, é dicir ter unha planificación de lexislatura”.

O alcalde dixo que “si queremos adquirir Casa Maseda xa imos ter unha partida municipal de 110.000 euros, e o restante, é dicir a reforma do edificio, a creación da oficina de turismo de Ribadeo e tamén a oficina de turismo de Galicia, evidentemente investirá a Xunta”.

Recoñece que investirán, despois de moitos anos de certo abandono, nas instalacións deportivas, por exemplo no pavillón que está situado na rúa Alfredo Deaño, o Pepe Barrera na entrada, ou nos vestiarios ou o pavillón de Cubelas ou o campo de herba artificial. Di así: “Pois eu podo querer moito neles, pero senón doto de orzamento, pois evidentemente son palabras, pero non feitos. E nós neste caso xa aprobamos unha partida orzamentaria de 400.000 euros para un proxecto total de 800.000. Quen vai aportar o restante? En principio, temos xa a garantía de que a Xunta de Galicia aportará o 50 %, é dicir 400.000 euros para que a mellora nos edificios deportivos sexa unha realidade despois de moito tempo. Esperemos que a Deputación nos aporte porque todos os grupos políticos apoiaron unha moción que presentou o goberno municipal e todos pediámoslle á Deputación que aporte unha porcentaxe. Se aporta a Deputación, o Concello ten que aportar moito menos, é dicir gastaríamos moito menos de orzamento municipal. Así espero que aconteza”.

O rexedor seguiu a relatar: “Tamén o  auditorio, sabemos todos que o escenario está nunha situación bastante lamentable, decidimos investir 50.000 euros dunha achega municipal, pero imos xestionar un orzamento coa Xunta de Galicia.  Necesitamos ter esa tranquilidade de que se vai investir en equipamento municipal, na praza de abastos, é dicir despois de moitos anos, xa vai a ver un orzamento que vai garantir o proxecto da reforma da praza de abastos ou na mellora do alumeado público. É dicir estamos aprobando uns orzamentos caro ao 25, pero estamos aprobando tamén un orzamento para investir nos próximos anos. Baixo esa planificación, baixo esa dedicación a xestionar orzamento, pero se hai xestión, tamén debe haber parte municipal porque esa é a capacidade de que ten un Concello para seguir mellorando as infraestruturas, mellorando o día a día de Ribadeo e así que o pobo siga avanzando”.

0.18446803092957