Organizan unhas xornadas de portas abertas no PAI de Trabada

AMariñaXa

O Concello de Trabada promove unhas xornadas de portas aberta no PAI do pobo.

11 abr 2024

O Concello de Trabada promove unhas xornadas de portas aberta no PAI do pobo. A proposta desenvolverase dende o 15 ata o 19 de abril e poderase coñecer o centro e as actividades que se realizan nel.

Trátase dun centro cun ambiente familiar, con horarios flexibles, con actividades variadas e estimulantes e con ratios pequenos para dar o mellor servizo ás familias.