Organizan unha excursión en Riotorto a Ávila e Toledo

TerraChaXa | AMariñaXa
Será os días 9 e 10 de novembro e inclúe un completo itinerario con visitas guiadas
toledo
19 Oct 2024

O Concello de Riotorto organiza unha excursión a Ávila e Toledo para os días 9 e 10 de novembro. A actividade inclúe un completo itinerario con visitas guiadas, pensión completa e aloxamento en hotel de catro estrelas en Toledo.

A saída será o sábado 9 de novembro ás 7:00 horas desde a gasolineira. Durante a xornada, está prevista unha parada para almorzar en Vega de Valcarcel, seguida da visita a Ávila e xantar nun restaurante local. Pola tarde, os participantes trasladaranse a Toledo, onde se aloxarán no Hotel Eurostar Ciudad de Toledo. A cea será ás 21:00 horas no propio hotel.

O domingo 10 de novembro comezará cun almorzo no hotel, seguido dunha visita guiada por Toledo. O xantar terá lugar ás 14:00 horas no hotel, deixando a tarde libre para os asistentes. Ás 17:50 horas, está prevista a saída de regreso a Riotorto, cunha última parada para cear en Vega de Valcarcel ás 22:00 horas.

O prezo total da excursión é de 150 euros por persoa, con todo incluído. Hai 50 prazas dispoñibles, dando preferencia aos usuarios dos centros veciñais. As persoas interesadas poden inscribirse cos monitores dos centros ou no Concello antes do día 28 de outubro.

0.16761708259583