Organizan unha cea benéfica en Burela de apoio a enfermos con pel de bolboreta

AMariñaXa
20 Jan 2021

A organizacion solidaria Alas de Vida organiza unha cea benéfica co obxectivo de recadar fondos que se destinarán á Fundación Debra que se ocupados enfermos con pel de bolboreta.

A cita está prevista para o sábado 15 de febreiro ás 22:15h no restaurante do hotel Nordés.

Os tickets cómpranse en Dietética y Nutrición Alba Vila, situada na praza do Mariñeiro de Burela. Estarán á venta até o martes 11 de febreiro. A cea ten un prezo de 30 euros, dos que 5 serán o donativo.

Haberá dous tipos de menú, normal e vegano, con entremeses variados e lacón, no primeiro caso, e wok de arroz e verduras, no segundo.

0.16718983650208