Organizan unha andaina en Foz para recadar fondos para a investigación do cancro

Foz
AMariñaXa
Foz celebra este sábado 3 de agosto a súa Andaina Solidaria a beneficio da loita contra o cancro.
presentación_run_run_foz
31 Jul 2024

Foz celebra este sábado 3 de agosto a súa Andaina Solidaria a beneficio da loita contra o cancro. A iniciativa, que partirá dende o Cenima de Foz, ponse en marcha da man de Run Foz Run, do Concello e do Club Atletismo Ría de Foz.

Trátase dunha marcha de 9 quilómetros na que ofrecerán a posibilidade de doar nunha mesa da Asociación Española contra o Cancro. Destinaranse 2 euros por inscrición en beneficio da AECC.

0.16789984703064