Organizan rutas guiadas no Vicedo para achegarse á historia e á natureza do municipio

AMariñaXa
Inclúen o percorrido Illa Coelleira: a través do que se percorre un tramo da ruta da costa, entre a praia de Xilloi e o miradoiro das laxes
praia-de-xilloi-Vicedo-2
14 Jul 2024

Como parte da programación sociocultural deste mes de xullo, organizan rutas guiadas no concello do Vicedo. O sábado 20 de xullo, a partir das 10.00 horas terá lugar o percorrido Illa Coelleira: Entre a realidade e a lenda, a través do que se percorre un tramo da ruta da costa, entre a praia de Xilloi e o miradoiro das laxes. Esta travesía ten vistas privilexiadas da Illa Coelleira, a illa de maior tamaño da Mariña e son 7 quilómetros de ida e volta nunhas 3 horas.

Ademais, o xoves 25 de xullo, a partir das 10.00 horas terá lugar Os Moutillós, un fito na praia de Area Grande. Desfrutarase das vistas do Fuciño do Porco desde a cruz de San Román, da interesante xeoloxía da zona e a historia detrás do asentamento viquingo dos Moutillóns. Son unhas 3 horas de percorrido e uns 4 quilómetros. Os interesados deben facer a preinscrición obrigatoria en rutasgalicianorte@gmail.com ou no 634 631 461.

0.15241289138794