Organizan en Mondoñedo grupos deportivos e rutas de sendeirismo
A Delegación de deportes do Concello de Mondoñedo está a organizar unha serie de grupos de diferentes deportes e actividades para poñer en marcha en próximas datas.
Así, busca interesados en practicar ximnasia de mantemento, bádminton, fútbol sala, ciclismo e clases de baile. Como explican dende o Concello, estas actividades organizaranse cumprindo coas medidas de seguridade correspondentes ao covid polo que se traballará de maneira individual cando sea preciso ou ben en grupos de 4 persoas.
Por outra banda, inicia a partir do 10 de abril, todos os sábados pola mañá roteiros de sendeirismo por Mondoñedo. Serán en grupos de seis persoas cun monitor que guiará as mesmas por distintos sitios de Mondoñedo.
O primeiro roteiro realizarase ao Mosteiro dos Picos e ao Castro de Zoñan.
Para apuntarse ás rutas, aos grupos deportivos ou informarse poden charmar ao 605 790 091 e preguntar por Raúl.