Opinión: A través del tiempo

AMariñaXa | ACoruñaXa
A nova musical máis actual e mesmo 'Ma non troppo'
Julia-M.-Dopico-Vale-y-Pineiro
4 Oct 2026

Por Julia Mª Dopico Vale e Piñeiro

Na tarde deste venres inaugurouse a exposición de pintura de Violeta Arisha "A través del Tiempo" no histórico e monumental Liceo Casino de Pontevedra, nun acto promovido pola "Asociación Artístico Cultural de Pontevedra", que preside Carmen Gago Florenti, figura polifacética da cultura galega.

Alí, na cidade do pontem veterum, por onde circula o caudal do río Lérez, reunímonos para contemplar lenzos das cores do mar en todas as súas variantes: do nacemento ao ocaso, da luz á sombra, do sol pletórico á lúa crepuscular e diversidades cromáticas de azul, verde, ocre, avermellado, amarelo e azafrán, que conducen a un universo semionírico como o que vai do mar ao ceo.

Obras con títulos tan suxestivos como La puerta del tiempo, Entre sueños, Puesta de sol, Esperando la tormenta… e mundos de mares e barcos como os que unen o Novo Continente ‒Violeta mantén vínculos con Arxentina‒ con Europa a través do océano Atlántico, o máis novo do planeta tras a división do supercontinente Panxea.

Xunto á exposición presentouse tamén o N.º 11 da revista que promove a asociación: "Los Contrastes del Arte", editada e maquetada por M.ª Luisa e Alberto Rodríguez e con colaboracións de máis de trinta escritores con achegas diversas, comezando coa entrevista de Pili Soliño á pintora para continuar con poemas, curiosidades históricas e pequenos ensaios: El bandoneón, El Arte de Narrar, Entre perros y ángeles, Las Piedras del Silencio, Espacio infinito ou La maravillosa historia de los instrumentos musicales, de autoría propia, no que expoño a evolución dos instrumentos paralela á evolución da humanidade: "A guitarra antes de ser instrumento foi árbore e nela cantaban os paxaros.

A madeira sabía de música moito antes de ser instrumento" ‒D. Ata‒; e outros como La reina del ajedrez, Inspiración ou Los Vikingos en la ría de Arousa, que nos fala de piratas, guerreiros e navegantes.

En fin. Interesantísima velada artística na tan artística Pontevedra.

0.17833280563354