Ofrenda en Foz aos profesionais que loitaron fronte á covid

Foz
AMariñaXa
Ofrenda en Foz aos profesionais que loitaron fronte á covid como limpiadores, sanitarios, policía, supermercados...
foz ofrenda sanitarios covid
3 Out 2022

Unha representación do goberno de Foz encabezada polo alcalde, Fran Cajoto, realizou unha ofrenda diante do monolito que recorda cada día o agradecemento dos focegos aos sanitarios, persoal de asistencias, membros das forzas e corpos da seguridade do Estado, Policía Local, Protección Civil e traballadores de supermercados, de industrias, de residencias, de limpeza e tantos outros profesionais cuxa implicación fronte á COVID foi decisiva para superar a pandemia.

O concelleiro de Relacións Institucionais e Axenda2030, Carlos García, recordou o tributo do pobo de Foz aos que marcharon e puxo en valor “a alta lección de madurez e humanidade coa que a sociedade focense respondeu fronte a un fito tan escuro da nosa historia”. 

0.17428588867188