O western chega a Cervo coa representación da obra 'Vaites, rapariga!'

AMariñaXa
Tamén terán lugar os tradicionais beléns de plastilina
tarabela-cervo
6 Dec 2024

O Concello de Cervo acolle, o próximo sábado 7 de decembro, os tradicionais beléns de plastilina, tanto en Cervo como en San Cibrao. Tamén ese sábado ás 19.00 horas terá lugar a representación da obra 'Vaites, rapariga!', de Tarabela creativa, na Casa da Cultura.

Unha obra dirixida ao público a partir de 16 anos, co "western contado e cantado que une o Salvaxe Oeste americano co noso salvaxe Noroeste". Ademais advirten desde Tarabela creativa que haberá neste western "protagonistas da Mariña".

0.17924499511719