O Viveiro CF recibiu a Distinción ao Mérito Deportivo de Galicia
AMariñaXa
A alcaldesa de Viveiro, María Loureiro, xunto á corporación municipal, participou no acto de celebración do centenario do Viveiro CF
1 Feb 2024
O Viveiro CF recibiu a Distinción ao Mérito Deportivo de Galicia, nun acto celebrado no Teatro Jofre de Ferrol.
O club cumpriu 100 anos no 2023 e o seu presidente, Luis del Río, recolleu o recoñecemento da Xunta de Galicia, nun acto ao que asistiron a alcaldesa de Viveiro, María Loureiro, e o concelleiro Jesús Fernández.
Un premio moi merecido que recoñece unha traxectoria de cen anos, o Viveiro CF é o clube deportivo máis antigo da nosa vila e un dos máis antigos de Galicia”, asegura María Loureiro.