O vindeiro martes 30, Trabada recupera a Feira de San Fernando

AMariñaXa
O vindeiro martes 30 de maio o concello de Trabada recupera a Feira de San Fernando cunha ampla programación para esta xornada.
feira san fernando trabada 2023
feira san fernando trabada 2023
20 Maio 2023

O vindeiro martes 30 de maio o concello de Trabada recupera a Feira de San Fernando cunha ampla programación para esta xornada.

Así, a celebración comezará ás 12.00 horas misa na Capela de San Fernando en Valboa e despois haberá unha mostra de gando.

Xa ás 14.00 horas será o xantar campestre servido polo catering Chao dos Navais. A venta dos tickets será ata o 21 de maio nos locais de hostalería do Concello. Toda a xornada estará amenizada polo Cuarteto Illa Pancha.

"Agardámosvos a todos e a todas para desfrutar desta feira que durante moitos anos serviu de encontro de veciños e veciñas de diferentes parroquias do noso concello e tamén de concellos veciños", din dende a organización.

feira san fernando trabada 2023
0.18969392776489