O vindeiro 3 de febreiro volven as actividades de dinamización a Barreiros

AMariñaXa
Unha vez finalizadas en Reinante, programaranse durante este ano 2025 en Celeiro de Mariñaos, Rilleira e Vilamartín Grande
actividades-dinamizacion-reinante-barreiros-2025
27 Jan 2025

O vindeiro 3 de febreiro volven as actividades de dinamización a Barreiros. A primeira delas será o luns 3 de 10.00 a 11.00 horas na Escola de Reinante.

Nela aprenderase a usar o teléfono móbil dun xeito sinxelo e útil e recolleranse fotografías antigas para facer recompilacións por parroquias.

Para anotarse poderase facer ou ben contactando coa asociación de veciños de Reinante ou no Concello.

Unha vez finalizadas en Reinante, programaranse durante este ano 2025 en Celeiro de Mariñaos, Rilleira e Vilamartín Grande. Informaremos das datas nas que estas actividades chegarán a outros sitios de Barreiros aínda que calquera persoa pode asistir ao lugar que máis se lle axeite.

 

⚙ Configurar cookies
0.17122912406921