O vindeiro 17 de maio, Día das Letras Galegas, volven os paseos guiados Redescubrindo Alfoz
O vindeiro 17 de maio, Día das Letras Galegas, volven os paseos guiados Redescubrindo Alfoz que comezaron no ano 2020 e que ano a ano se consolidan como evento cultural para coñecer o territorio alfocego.
Será tamén unha gran ocasión de presentación do novo proxecto como autónoma de Ana Pena, guía local que ven de estrear Guía tu día. Natural de Foz e residente en Alfoz, é unha apaixoada desta profesión, e busca amosar e poñer en valor todas as marabillas desta comarca. “Estou moi contenta de comezar este novo proxecto como autónoma chamado #GuíaTuDía, e gratamente sorprendida da acollida que estou tendo. Xa teño varias visitas programadas de cara aos próximos meses”
As inscricións para esta actividade poden efectuarse a través do correo guidoguiaturismo@gmail.com, o custo da actividade é de 10 € por persoa, 7 € para menores de 18 anos e gratis os menores de 4